Mostrando entradas con la etiqueta Os outros ulloáns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os outros ulloáns. Mostrar todas las entradas

O niño das lavandeiras

O 29 de xuño, no traballo, estaba movendo uns paquetes de madeira e nun deles topei o niño da fotografía. Saqueino do paquete no que estaba (necesitaba esa madeira) e coloqueino con moito coidado noutro paquete que puxen no mesmo sitio que o anterior.
Hoxe, case dous meses despois, volvín a mover aquel paquete, xa nin recordaba a historia do niño. Foi unha alegría ver que alí estaba o niño, baleiro e con moitas plumas e cagadas preto del.
O cambio funcionou e polo mundo xa andan catro lavandeiras mais.

A mala fama de algúns

















Hai quen ten mala fama dende sempre. As pítegas ou pinchorras lévanse a palma nesto.
Fai anos, ante os meus ollos estupefactos, vin como rociaban con gasolina a unha parella para logo prenderlles lume, porque, segundo a crenza popular, é a mellor maneira de matalas.
A ver se nos enteramos todos: as píntegas NON SON VENENOSAS. Na espina dorsal, teñen unhas glándulas (que podedes ver na foto) que segregan un líquido que pode ser urticante. ¡Pero de aí a que transmitan a "pezoña da píntega"...!!
Dende antigo acúsanas de selas causantes de moitas enfermidades da pel (herpes sobre todo), pero o descoñecemento de antes non xustifica a morte de agora.

Todos somos da Ulloa, elas tamén (aínda que non lles gusten a moitos).

Primaveira de novo



















Sí, primaveira. As frores, os paxaros, os lumes no monte, os pescadores nos regatos... e, ¿por qué ninguén fala dos lagartos?
Este é un dos cinco lagartos das silvas que me rondan mentres eu traballo. Este ano espertaron antes de tempo, como mes e medio antes co ano pasado.