Mostrando entradas con la etiqueta Feiras é festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feiras é festas. Mostrar todas las entradas

Un zanfonista na Feira de Santos do 2011



É a primeira vez nos meus 42 anos que atopo un zanfonista na Feira de Santos de Monterroso. Sorprendeume tanto que estiven falando con el.
Ensinoume o instrumento por dentro , as cordas e a roda percusora. Pregunteille se tocaba en mais sitios polas rúas, se tocaba en Santiago. Para a miña sorpresa contestou que era a primeira vez que tocaba na rúa e que esa mañá estaba tan nervioso que ata esquecera parte da letra dunha copla que tocara centos de veces. Contoume que estaba alí porque había unha cousa que fai uns anos el vía moi de lonxe, moi como que non ía con el, e que esa cousa chamábase crise. Si, con toda a calma do mundo díxome que estaba alí pola crise.

Dende aquí, con toda a miña admiración, unha aperta grande para ó zanfonista de Guitiriz.

Feira do Queixo 2011 (1)


Alleas aos arroutos dos políticos, elas seguen ao seu.

Festa da patrona en Amoexa




É moi difícil explicarlle a xente que non coñece determinados costumes do rural galego o que é a sesión vermut. Moito mais complicado contarlles que os músicos da sesión vermut tamén son os encargados de amenizar a consagración da ostia durante a misa que se adica ó patrón, neste caso patroa, da aldea en cuestión.

Gravei este vídeo coa miña cámara de fotos fai dous anos, durante a celebración da misa na honra da Virxe do Rosario en Amoexa (Antas de Ulla), dura 49 segundos e aquí vai para a posteridade.

Contádelle a alguén non galego que isto é "tipical Galicia" (ou polo menos "tipical Ulloa") e xa veredes como non vos cree.

Ei, e por favor, ó rematar a actuación hai que aplaudir.

Feira de Santos: oficios a extinguir

















Cada vez hai menos mulleres que fagan queixo como o de antes, as queixerías recollen delas o seu saber mentres o seu oficio vai desaparecendo ó mesmo paso que elas

Feira de Santos: navallas e ¿coitelos?

















As da dereita son navallas. E as da esquerda ¿para que serven?

Feira de Santos: o delantal das matanzas

















Ano tras ano, nas matanzas, sempre hai algunha muller que o leva posto. Miña avoa sempre levaba un destes, pero era negro.

Feira de Santos: coches e cabalos

















Mentres ducias de coches permanecían atascados tentando entrar no pobo, no carril contrario, a paso tranquilo, saían os que xa fixeran a feira.