O próximo sábado, 3 de setembro, celébrase de novo o Son d'aldea en Albá (Palas de Rei). Esta fotografía corresponde a edición do ano pasado, é unha esfolladeira, un aparello que se empregaba para poder esfollar o millo con mais facilidade e sen desfacer as mans no traballo.
A outra Ulloa
A raposa que me deu Filomena
Xunto a ventá da miña casa, alí sigue a raposa de pan que me deu Filomena este verán, na malla do Son d'aldea de Santiago de Albá.
Grazas Filomena.
Grazas Filomena.
A nova sinalización dos petroglifos da Somoza
Alguén tivo a idea de poñer un cartel que indica o camiño para ver os petroglifos da Laxe Ferrada, non sei o que durará pero alí está, na Uceira da Somoza.
Etiquetas:
Curiosidades
Os muiños de cores do Farelo
No verán pasado subín a cima do Farelo e atopei un fermoso graffiti. Vese que eses muíños de cores non foron ven vistos pola empresa do parque eólico porque cando subín fai unha semana xa non estaban.
Darlle os meus parabéns o artista que tivo a boa idea de alegrarnos a vista.
Un zanfonista na Feira de Santos do 2011
É a primeira vez nos meus 42 anos que atopo un zanfonista na Feira de Santos de Monterroso. Sorprendeume tanto que estiven falando con el.
Ensinoume o instrumento por dentro , as cordas e a roda percusora. Pregunteille se tocaba en mais sitios polas rúas, se tocaba en Santiago. Para a miña sorpresa contestou que era a primeira vez que tocaba na rúa e que esa mañá estaba tan nervioso que ata esquecera parte da letra dunha copla que tocara centos de veces. Contoume que estaba alí porque había unha cousa que fai uns anos el vía moi de lonxe, moi como que non ía con el, e que esa cousa chamábase crise. Si, con toda a calma do mundo díxome que estaba alí pola crise.
Dende aquí, con toda a miña admiración, unha aperta grande para ó zanfonista de Guitiriz.

Feiras é festas
Pulpiño Viascón e o seu serrucho musical na Ulloa
No cartel da actuación poñía: Pulpiño Viascón, serrucho musical e zendrum ipad midi. E o do serrucho deixou coa mosca tras da orella. Fun a velo e aprendí unha cousa: un serrucho non só é compatible coas novas tecnoloxías senón que ademáis compleméntase con elas.
Está claro que a orixinalidade non vende porque o público eramos 14 persoas. De todolos xeitos: parabéns Pulpiño!!
Está claro que a orixinalidade non vende porque o público eramos 14 persoas. De todolos xeitos: parabéns Pulpiño!!
A flor do castiñeiro e un ourizo nacendo
O verán e o dono dunha das flores mais fermosa: a do castiñeiro. Pero facendo a foto dinme conta do privilexio que supón ver o nacemento do ourizo.
Etiquetas:
Beleza gratuita
As obras da autoestrada Lugo-Santiago en Carteire
Na parroquia palense de Carteire a terra é negra pola veta lousa que á atravesa. As obras da autoestrada abren a ferida que a saca á luz.
Etiquetas:
Arrepiante
O rocódromo de Palas de Rei
O pasado día 5 de xuño a Asociación Deportiva Pena de Chaos organizou a primeira actividade de iniciación a escalada no rocódromo de Palas de Rei.
Fai sete anos que se construíu o rocodromo e esta foi a primeira vez que era usado por alguén distinto aos nenos dos campamentos de verán dos Chacotes e aos asistentes aos cursos para monitores que organiza a Deputación.
Quero dende aquí dar os meus parabéns a esta asociación por promover a utilización do rocodromo ulloán polos ulloáns.

Parabéns
Hórreo de herdeiros
Isto é unha desas cousas que soen pasar cando o uso do hórreo queda dividido por cuestións de herdanzas. Que conste que coñezo uns cuantos así.
Etiquetas:
Necesario arranxar
O Palleiro de San Mamede de Agüela
O palleiro: esa reliquia do pasado.
Sorpréndeme aínda atopar algún pero, xa vedes, habelos hainos aínda que a este se lle puxese un plástico de silo para tapalo.
Sorpréndeme aínda atopar algún pero, xa vedes, habelos hainos aínda que a este se lle puxese un plástico de silo para tapalo.
Etiquetas:
Tradicións,
Visións do pasado
O cruceiro de San Mamede de Agüela
O arranxo da praza de San Mamede respectou o lugar de emprazamento do cruceiro, tanto que agora está pendurado a uns dous metros por enriba do actual chan da praza.
Etiquetas:
Arrepiante,
Necesario arranxar
Os artistas de Irixe V
En abril do 2009 estiven dando un paseo polos restos da antiga canteira de Irixe, xa daquela publiquei aquí fotos dos grafitis que alí se atopan . Hoxe volvín e atopei cousas novas.
Etiquetas:
Graffitis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)