Mostrando entradas con la etiqueta Necesario arranxar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Necesario arranxar. Mostrar todas las entradas
Hórreo de herdeiros

Isto é unha desas cousas que soen pasar cando o uso do hórreo queda dividido por cuestións de herdanzas. Que conste que coñezo uns cuantos así.
Etiquetas:
Necesario arranxar
O cruceiro de San Mamede de Agüela


O arranxo da praza de San Mamede respectou o lugar de emprazamento do cruceiro, tanto que agora está pendurado a uns dous metros por enriba do actual chan da praza.
Etiquetas:
Arrepiante,
Necesario arranxar
A escultura ao peregrino é os cables da luz

Lémbrame un xogo de cando eu era pequena. Cunha goma posta en alto había que collela coas mans seguindo unha orden.
Etiquetas:
Necesario arranxar
Os incongruentes paneis informativos de Antas de Ulla

A primeiros deste ano colocáronse na comarca 15 paneis informativos destinados a explicar puntos relevantes dos tres concellos.
Como é lóxico, tanto no concello de Palas de Rei como no de Monterroso, os paneis informativos están cada un xunto do lugar do que falan, así pódense ver cando visitas Pambre, Novelúa, As Torrentes, a Torre de Penas, Vilar de Donas...
¿Pode explicarme alguén que fan os paneis informativos de Antas de Ulla todos xuntiños na praza da igrexa vella?
Como é lóxico, tanto no concello de Palas de Rei como no de Monterroso, os paneis informativos están cada un xunto do lugar do que falan, así pódense ver cando visitas Pambre, Novelúa, As Torrentes, a Torre de Penas, Vilar de Donas...
¿Pode explicarme alguén que fan os paneis informativos de Antas de Ulla todos xuntiños na praza da igrexa vella?
Etiquetas:
Arrepiante,
Necesario arranxar
Outra vez os cables...

E os técnicos que colocan estes cables ¿non lles podían dan un curso acelerado para que deixen de metela gamba? A ver ¿non podían pasar os cables pegados o balcón para que se visen un pouquiño menos?
Etiquetas:
Necesario arranxar
Os hórreos de ladrillo pintados

Curiosamente a tradición de pintar os hórreos tamén se trasladou os hórreos enladrillados ó que demostra o arraigada que está este costume.
Etiquetas:
Necesario arranxar
Santa de Vilar de Donas espida

Nunha visita a Vilar de Donas topei con esta imaxe (non sei se dunha santa ou da Virxe). Espida, parecía perder toda a súa dignidade.
Por certo, necesita unha boa restauración
Etiquetas:
Curiosidades,
Necesario arranxar
A reitoral de Balboa

Á casa reitoral de Balboa, en estado de total abandono, afúndeselle o tellado.
[estou dos cables da luz ata...]
Etiquetas:
Necesario arranxar
Os restos do muíño de Ermide

Fai seis anos aínda conservaba o tellado, pero aquel outono o lume pegou no monte e acabou con el. A título postumo dicir que era o muíño situado a maior altitude de toda A Ulloa.
Etiquetas:
Necesario arranxar
Via Crucis moderno sobre as pinturas de Coence

Comprendo que lles guste ter un Via Crucis onde as imaxenes sexan recoñecibles, pero ¿non hai outro sitio onde colgalas que non sexa encima da pintura mural?
Etiquetas:
Arrepiante,
Necesario arranxar
As ruínas da canteira de Irixe

Parece que por estar ó lado de Guntín xa non son nosas, pero estas ruinas industriais son tan ulloanas como nos.
Parroquia de Marzán (ollo, non confundir con Marzá de Palas de Rei).
Monterroso.
Etiquetas:
Arrepiante,
Necesario arranxar
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








