![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGLrKNIsacZjvAj3B1EZtn1NyQFRCALIDqteALyhVWdXbck77fp6vsymFSXMvIQRrVj7p4dREHOkMCu8cJNNnPD3qQMm1IEupPGt6JEwNkmbZM0GCD2cS08Wc4fn0M-DgHm4kFULCTiwEs/s400/restos+das+uces.jpg)
A primeira vez que pisei A Uceira da Somoza (era o mes de abril), había xente da aldea recollendo uz. Gardabana en moios que amoreaban preto do camiño. Preguntei para que era e contáronme que a vendían a un de Melide que facía sombrillas para as praias. Vese que o negocio non durou moito (¿será porque ardeu o monte?) porque aínda se poden ver restos daqueles (ou doutros) moios na Uceira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario