¿Cómo encastrar un hórreo?

















Non deixa de ser sorprendente que o lugar onde se atopa o "hórreo encastrado en palleira feita de bloques" estea nunha aldea chamada Boa Vista.
Que saibades que este hórreo noso está recollido no "Top feísmo galego" que pulula pola rede. Podedes ver o vídeo "Microfundismos: feísmo" e xa me diredes. Por certo, seguro que o último do vídeo tamén vos soa.

4 comentarios:

ovella dijo...

Eu creo que esta "maravilla" está no cruce ese que hai indo cara Pidre,despois de Gontá...non?Non me extraña que o saquen en videos e en rankings de animaladas.É o que hai.

dijo...

primeiro lugar sen dúbida¡¡

O primeiro lugar na arquitectura popular de bloque e pedra un clasico no feismo¡

bicos

A Ulloa en fotos dijo...

Certo, esa casas que hai no cruce teñen o nome de Boa Vista.

Ten gracia que buscando exemplos de feísmo na Ulloa, este hórreo é o mais repetido.

E mira que temos exemplos...

Chousa da Alcandra dijo...

Un día que pasaba por San Miguel, camiño de Palas, parei a fotografiar ese "pobre" hórreo. Da horta salía unha muller con cara de poucos amigos que viña toda decidida cara min. Noteille no andar que xa estaba farta de que lle fixeran tantas fotos a esa desfeita.
Ter hai que ter moito valor para tal tropelía eh; pero tés razón, que algunha máis haina!