Festa da patrona en Amoexa




É moi difícil explicarlle a xente que non coñece determinados costumes do rural galego o que é a sesión vermut. Moito mais complicado contarlles que os músicos da sesión vermut tamén son os encargados de amenizar a consagración da ostia durante a misa que se adica ó patrón, neste caso patroa, da aldea en cuestión.

Gravei este vídeo coa miña cámara de fotos fai dous anos, durante a celebración da misa na honra da Virxe do Rosario en Amoexa (Antas de Ulla), dura 49 segundos e aquí vai para a posteridade.

Contádelle a alguén non galego que isto é "tipical Galicia" (ou polo menos "tipical Ulloa") e xa veredes como non vos cree.

Ei, e por favor, ó rematar a actuación hai que aplaudir.

6 comentarios:

Anxeles Ramos Vázquez dijo...

ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha
40 segundos que case me parto da risa...incríble! si señora, a galiza máis profunda e surrealista!
bicos fortes,
moi bo!

A Ulloa en fotos dijo...

Surrealista si, pero tan real como a vida mesma.

Xa sabes que A Ulloa ten estas cousas...

Bicos tamén para ti.

Fran dijo...

Xenial!!
Sobre todo a maneira de rematar como dicindo "aquí xa estivemos, ímonos a tomar un vermú que vai tocando".
Bicos e unha aperta.

pepa roig dijo...

bueno, simplemente impresionante, sigo tan impresionada como el mismo día que lo ví pasar todo delante de mis ojicos. además me recuerda esta imágen a otras tantas historias, personales....qué bello recordar...

A Ulloa en fotos dijo...

ja,ja,ja... Sí, eu tamén lembro os teus ollos alucinados e a túa cara incrédula.

Bicos

Paula Verao dijo...

Absolutamente xenial.
XD