Un zanfonista na Feira de Santos do 2011



É a primeira vez nos meus 42 anos que atopo un zanfonista na Feira de Santos de Monterroso. Sorprendeume tanto que estiven falando con el.
Ensinoume o instrumento por dentro , as cordas e a roda percusora. Pregunteille se tocaba en mais sitios polas rúas, se tocaba en Santiago. Para a miña sorpresa contestou que era a primeira vez que tocaba na rúa e que esa mañá estaba tan nervioso que ata esquecera parte da letra dunha copla que tocara centos de veces. Contoume que estaba alí porque había unha cousa que fai uns anos el vía moi de lonxe, moi como que non ía con el, e que esa cousa chamábase crise. Si, con toda a calma do mundo díxome que estaba alí pola crise.

Dende aquí, con toda a miña admiración, unha aperta grande para ó zanfonista de Guitiriz.

3 comentarios:

Angel Utrera dijo...

Curioso que sexa de Guitiriz, a terra da miña muller...En Lalin, temos no Instituto unha rapaciña, enamorada da zanfoña, seguro que lle houbese gustado moitisimo toparse con èl.
¿Que pasa coa outra Ulloa.....?non me traballas nada
Bicos

A Ulloa en fotos dijo...

Traballo moito e chego a casa e sen ganas de facer moito mais. Collo o ordenador o mínimo posible porque está a piques de estoupar e quedase colgado a cada dous por tres e así e imposible editar nada.

De tódolos xeitos eu sigo sacando fotos e descargándoas nunha memoria externa por si o ordenador morre e quedo sen elas.

Como de momento non hai ordenador novo nin moito tempo para traballar blog pois, aí está parado.

Apertas

PD.: O de Guitiriz era todo un cabaleiro andante, no mellor sentido da palabra. Un personaxe digno de coñecer.

Anónimo dijo...

Eu tamén boto de menos lerte, se ves k cun ordenador novo se soluciona montamos entre todos os lectores unhas rifas ou algo así.