Pulpiño Viascón e o seu serrucho musical na Ulloa



No cartel da actuación poñía: Pulpiño Viascón, serrucho musical e zendrum ipad midi. E o do serrucho deixou coa mosca tras da orella. Fun a velo e aprendí unha cousa: un serrucho non só é compatible coas novas tecnoloxías senón que ademáis compleméntase con elas.

Está claro que a orixinalidade non vende porque o público eramos 14 persoas. De todolos xeitos: parabéns Pulpiño!!

2 comentarios:

Ovella dijo...

14?Non me saen as contas,dado que unha persoa estaba para abrir e cerrar o local,outra representaba ó concello e asistía por obriga e os músicos eran dous...creo que eramos 10 sendo optimistas.De todas formas,pasamos un bo rato co serrucho midi.Mágoa da promoción que se fai destas cousas.

A Ulloa en fotos dijo...

Home, eramos 14 sen contar aos músicos, que detrás vosa sentaron 3 rapaces.

O da promoción destes actos... non sei... o caso e que os carteis estiveron postos case un mes e como anunciaban dúas actuacións cando pasou a primeira (que foi o fin de semana anterior) quitáronos en moitos sitios.

En fin, a promoción será deficiente pero as ganas de ver tamén cousas novas e mínima.