O venres de madrugada, cando saía da actuación da "Tropa de Trapo" que houbo no Bar O Portón de Palas de Rei, pasei por diante da Panadería Fraga. Aproveitei que tiñan a porta do forno aberta para pedirlles que me vendesen unha barra de pan e así telo fresquiño para o almorzo do sábado. Foi unha sorpresa ver a bolsa de papel na que meteron o pan e ó mesmo tempo pareceume unha idea digna de aplaudir.
Hoxe que se celebra o día da muller traballadora, non está de mais recordar a peor lacra que sofren as mulleres: o maltrato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario